Saturday 27 de April de 2024

Laxe lanza subvencións a comisións de festas e asociacións para a contratación de orquestras


• O Concello conta cunha dotación de 5.000 euros ao abeiro do programa PEL Orquestras da Deputación da Coruña.

O Concello de Laxe lanza unha liña de axudas municipais dirixidas a comisións de festas e asociacións municipais sen ánimo de lucro para a contratación de orquestras no marco da celebración das festas patronais e populares do 2022.

Esta iniciativa conta co apoio económico da Deputación da Coruña a través do programa PEL Orquestras. Para Laxe, a dotación ascende a 5.000 euros, e o prazo presentar as solicitudes remata o próximo venres, 17 de marzo.

As bases para solicitar estas axudas poden consultarse na web municipal de Laxe.